#EN MOVEMENTO
É hora de mobilizarse. É hora de indignarse. A actual situación económica, política e social obríganos a non quedarmos na casa. Cómpre erguerse, saír á rúa e moverse polos nosos dereitos laborais, educativos, sanitarios, e polos restantes servizos sociais. Evitar que nos quiten o que tanto custou conquistar é tarefa nosa, e o tempo de loita é agora. Ler todo
#EN MOVEMENTO
Escóitase xa pola rúa, se non nos queren dar Estado de Benestar cómpre pasar ao Estado de Malestar. Hai que defenderse, isto non é unha obra de teatro, non é ficción, é un ataque contra nós. Temos que defendernos. Cando a inxustiza é lei, a rebelión é unha obriga. Móvete, xa! Ler todo
#EN MOVEMENTO
Coa educación de todos non se xoga. Só hai un camiño: defendela dos discursos, actitudes e prácticas que algúns pretenden levar a cabo unha vez se consume, no horizonte electoral inminente, o dominio absoluto desta volta de torca da revolución conservadora e neoliberal. Imos ter que mobilizarnos e defender o que é noso e é de todos. En Movemento, e co Movemento Estudantil Universitario! Ler todo
Algo se move en Galiza
O Movemento Estudantil Universitario de Ciencia Política recollendo os movementos sociais e políticos, que se están a levar a cabo no espectro do nacionalismo e galleguismo de centro-esquerda, leva a cabo unha charla coloquio baixo o lema de “ Algo se move en Galiza” no que participarán: `
- Martiño Noriega ( membro destacado do Encontro Irmandiño e Alcalde de Teo)
- Xoan Bascuas ( Secretario Xeral de Máis Galiza)
- Rafa Cuiña.
O acto terá lugar no Salón de Actos da facultade de Ciencia Política o vindeiro martes 24 de abril.
Charla informativa: As prácticas externas de Grao.
Dende o Movemento Estudantil Universario na facultade de Ciencias Políticas queremosche convocar para a charla que levaremos a cabo o vindeiro mércores 15 de febreiro na cal abordaremos as prácticas externas do noso grao. Ler todo
Teño unha pregunta para... Carlos Aymerich
O vindeiro xoves día 26 de xaneiro a partir das 18:00 terá lugar, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, un acto no que participará o Portavoz Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich. Ler todo
Asistir de público ao programa "Tourilandia" da TVG.
O Movemento Estudantil Universitario esta a organizar unha saída, o martes 31 de xaneiro, ao Plató 1.000 para asistir como público ao programa de Xosé Touriñán «Tourilandia». Ler todo
Casares Long imputado. Esiximos a súa dimisión.
O Reitor da USC, Juan Casares Long, foi imputado esta mañá polo Xulgado número 2 de Santiago de Compostela por un delito de prevaricación e malversación de caudais públicos. Esta decisión foi tomada despois de que se admitise a trámite a querela presentada polos sindicatos CIG e UXT denunciando unha serie de irregularidades na Fundación USC Deportiva. Ler todo








