Paul Rios e Manuel Dios participaron nun coloquio organizado polo MEU sobre a paz en Euskadi

Este mércores tivo lugar na Facultade de Ciencias Políticas de Santiago unha conferencia sobre as expectativas de paz que se están a dar en Euskadi. Nela participou Paul Rios, Coordinador de Lokarri (movemento cidadán a prol da paz, da convivencia e da participación social para a resolución do conflito vasco), e Manuel Dios, do Seminario Galego de Educación para a Paz.

Segundo Paul Rios a «inmensa maioría da sociedade vasca quere a paz e o diálogo» polo que a fin de ETA é inevitable, e máis cando tamén «é rexeitada pola súa propia familia». Para o coordinador de Lokarri, a fin da violencia en Euskadi acadarase coa disolución total da organización terrorista, a legalización de SORTU e a participación política real da sociedade vasca».

Deixa o teu comentario

Nome: (requerido)

E-Mail: (requerido)

Web: (non necesario)

Mensaxe:

Enviar comentario